«A nosa prioridade será baixar os impostos»

Manuel Rey, Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

CORISTANCO

ANA GARCIA

A candidata de Compromiso é partidaria de construír unha piscina mancomunada en Erbecedo

22 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Manoli Rodríguez Pereiro (Coristanco, 1972) é candidata á alcaldía coristanquesa por Compromiso por Galicia, e xa deixou claro que non pensa pactar con ninguén se chega a saír elixida concelleira.

-¿Como afronta esta nova etapa?

-Con moita ilusión e responsabilidade.

-¿Por que deu este paso?

-Foi a través dun compañeiro, hai uns dous anos, a raíz da excesiva suba de impostos municipais. Como gran parte dos veciños -eu son unha afectada- decidín entrar en política para tratar de darlle volta a esta situación.

-¿E a súa primeira experiencia en política?

-Si. Nunca militei en ningún partido.

-¿Que lle ofrece CxG?

-É unha formación que se adapta ao que é a miña ideoloxía.

-E agora a intentar dar o salto á alcaldía.

-Oxalá teñamos esa sorte. Creo que é o momento ideal e o mellor momento. Coristanco está moi abandonado. Hai moitos anos que este goberno non fai nada. É o momento xusto de facer este cambio.

-¿Que balance fai da xestión do goberno?

-Todo vén marcado pola excesiva suba de impostos. En Coristanco pagamos por servizos que non temos ou non gozamos. A suba de taxas non se axusta ao censo poboacional. Temos 6.900 habitantes e a caída da poboación é acusada dende hai moitos anos. Non é lóxico, por exemplo, que nenos e nenas de Coristanco teñan que desprazarse porque aquí non hai absolutamente nada.

-¿Como ve a situación xudicial na que se move o Concello de Coristanco?

-Está imputada a práctica totalidade do equipo de goberno local. O alcalde [en alusión a Antonio Pensado Plágaro] vai de cabeza de lista. Non sei ata que punto isto será bo, pero supoño que os veciños farán avaliacións sobre este tema.

-¿Cales son as propostas do CxG?

-A primeira decisión será a baixada de impostos. E segundo tratar de facer unha piscina mancomunada na parroquia de Erbecedo coas carballesas de Entrecruces, Rus e Ardaña.

-¿Que solucións ofrece para frear o abandono de parte do patrimonio e a proliferación de vertedoiros incontrolados?

-A área recreativa da Rocheira é algo que os veciños poderían gozar todo o ano, ao igual que a piscina, e, sen embargo, está todo abandonado.

-¿Que lle parece o proxecto da planta de biocombustible?

-Isto todo é fume por cuestións electorais. Hai anos falouse doutra de soia en Erbecedo, que quedou en nada.

A favor, en contra

Sanidade a inmigrantes ilegais: A favor

IVE cultural no 21 %: En contra, ten que ser menos

Cadea perpetua revisable: A favor

Xustiza gratuíta: A favor

Fusión de Concellos: A favor

Mancomunar servizos: A favor

O aborto: A favor

Legalización das drogas: A favor

Imputados nas listas: En contra

Legalización da prostitución: A favor

Preferencias

¿A que hora se ergue? Entre 8.30 e 9.00 horas

¿E que almorza? Un té verde

Prato preferido: Espaguetes con nata

¿Que non comería? Ourizos de mar

Bebida preferida: Coca Cola

Equipo de fútbol: O Deportivo, pero sen paixóns

¿Que coche ten? Un Ford Fiesta e un Peugeot

Unha afección: Viaxar

Un lugar: Illas Canarias

Unha rede social: Facebook

Artes e letras

Escritor favorito: Camilo José Cela

O último libro que liu: «Diario de Noa»

A última película que viu: «Diario de Noa»

Un artista: Picasso

Un actor: Antonio Banderas

Unha actriz: Julia Roberts

Un cantante: Chayanne

Tipo de música: A bailable

Programa de televisión: «Sálvame Deluxe»

Unha viaxe pendente: Xapón